Comida tradicional galega
Ideal para grupos grandes de 60 a 90 persoas, benvidos ao noso lar.
Benvido a Restaurante Plaza
Restaurante tradicional galego situado en Cangas do Morrazo, nas Rías Baixas. Cunha gran selección de tapas, carnes de calidade, peixes, mariscos dá ría e viños caseiros... Ven e proba as especialidades da cociña galega e déixate feitizar polo noso ambente clásico.
Goza dunha estadía perfecta connosco. Unha elegante cea para dous, un xantar agradable xunto aos amigos ou unha enorme celebración coa familia: nós facémonos cargo de proporcionarche o espazo e a calidade culinaria que estás a procurar para ese día tan especial.
Ideal para grupos grandes
Se andas na procura dunas instalacións axeitadas para un grupo grande de persoas, estás no lugar correcto. Dispoñemos dun salón comedor con una capacidade de ata 60 comensales, e con posibilidade de 90 usando zona de cafetería, contacta con nós e fai a túa reserva.
Especialidades

Mariscadas
En plenas Rías Baixas, gozamos de produto de cercanía con peixes e mariscos das rías galegas. Goza da túa mariscada con un bo e viño caseiro da nosa carta ben surtida.
Saber máis

Cociña tradicional
A nosa especialidade é a cociña tradicional galega. Podes gozar nas nosas instalacións, de carnes como tenreira galega, peixes das rías baixas, cocido típico galego, polbo á feira, etc.
Saber máis
Agora tamén con servicio a domicilio
Podes atoparnos na
aplicación de Roombo, descárgana xa en
App Store ou
Google Play

Detrás da barra

Álvaro Chao
Xerente

Carmen Plaza
Xefa de persoal

José Araujo
Chef
O noso lar

Dous menus diarios
Podes gozar de dous menús diarios para a hora de xantar de luns a venres, tamén podes elexir se queres un só prato... Sempre con racións xenerosas!

Especialidades da cociña galega
Orgullécenos poder consentirche coas mellores especialidades da cociña galega. ¡Visítanos e déixate namorar pola maxia das Rías Baixas!
Máis información
Festas, celebra calqueira ocasión connosco.
Queres organizar unha festa e aínda estás buscando o sitio perfecto para festexar? Nós temos a solución perfecta: Poñemos á túa disposición o noso gran salón-comedor para que goces dunha experiencia única.
Máis información
Intolerancias e dietas especiais
Dieta vexetariana
Respectamos a súa dieta, temos verduras e froitas de proximidade para que tamén poidas gozar fóra da casa.
Intolerancia ao glute
Infórmanos da súa intolerancia ao glute para que poidamos axustar o teu plato e poder comer sen preocupacións.
Produtos sen lactosa
Temos produtos sen lactosa para que poidas tomar o teu café ou outras combinacións sen molestias.